57 resultados
Dende o 27/03/2023 ata o 30/03/2023
A Asociación Universitaria de Alumnos Activos de Arquitectura organiza o Festival de Arquitectura "FETSAC’23". Charlas, talleres, debates, xogos... Durante unha semana as alumnas e alumnos aprópianse da Escola Técnica Superior de Arquitectura substituído as clases por múltiples actividades lúdicas.
Dende o 01/04/2023 ata o 10/06/2023
O teatro do IES Rosalía Mera acolle un ano mais a mostra de teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña, na que se representarán obras de categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e senior.
23/04/2023
Ata o 16/04/2023
prazo extraordinario (categoría absoluta): ata o 18/04/2023
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 23 de abril a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade. Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas e poderán participar con inscrición gratuíta desde a categoría peques ata sub-18.
Dende o 21/04/2023 ata o 22/04/2023
Nove curtametraxes, catro documentais e dúas longametraxes forman a programación da 1ª edición do festival de cinema LGTBIQ+ "Norte Cinema Diverso", organizado pola Asociación Palestra no Teatro Colón.
Dende o 14/04/2023 ata o 16/04/2023
A Fundación Luis Seoane acollerá o ciclo VANGAL (Vangarda Galega Alternativa), un evento multidisciplinar que combinará actuacións musicais con coloquios e intervencións expositivas co que o Concello da Coruña quere reforzar a súa aposta polas propostas femininas de vangarda.
Dende o 01/04/2023 ata o 30/04/2023
O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma.
As Casas da Mocidade de Oleiros, As Pedras e Portaberta, presentan unha ampla variedade de actividades para o mes de abril.
Dende o 25/03/2023 ata o 26/03/2023
O Banco de Alimentos Rías Altas, en colaboración co Concello da Coruña, organiza no Paseo do Parrote a Feira do Voluntariado, un encontro no que estarán presentes máis de 30 entidades da cidade e que contará con programación complementaria de concertos, charlas e outras actividades de animación.
Dende o 03/04/2023 ata o 05/04/2023
Dende o 20/03/2023 ata o 29/03/2023
A admisión será por orde de inscrición.
Como todos os anos nas vacacións escolares de Semana Santa, nos centros cívicos organizarase a actividade de "Recuncho do xogo" onde se aprenderán multitude de cousas sobre os astros a través de talleres, xogos e dinámicas participativas.
Dende o 11/04/2023 ata o 15/04/2023
Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.
01/04/2023
O festival de música hardcore 981United celebra este ano na Sala O Túnel (Coliseum) o seu décimo aniversario.
resultados 57
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible