A Rede de Servizos Municipais de Información Xuvenil establece como obxectivos principais:
1) Proporcionar aos mozos da cidade, fundamentalmente de entre 12 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.
2) Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.
3) Ser un catalizador de intereses e demandas da mocidade coruñesa.
4) Converterse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas dos mozos, podendo extraer conclusións de interese para a planificación de accións das diversas entidades municipais.
O CMIX creouse no ano 1.990, e pertence á Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. Esta rede está regulada en virtude da lei 6/2012, de 19 de xuño, de mocidade de Galicia. (DOG nº 139 do 20 de xullo).
CANLES
Ata o 31/03/2023
Dende o 27/03/2023 ata o 17/05/2023
Ata o 05/04/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible