Os Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña sitúan durante o curso unha REDE de pequenas sucursais, en centros públicos (IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.
Cada AIX comprende:
- Un taboleiro, desde o que se difundirá información de interese xuvenil: música, teatro, deportes, cinema, concursos... etc.
- Información actualizada proprocionada semanalmente polos Espazos de Información Xuvenil.
- As canles dixitais de interese xuvenil.
- E o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas..., os/as ANTENAS
Para ser unha antena de información xuvenil, buscamos voluntarias/os:
- Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 30 anos cumpridos no ano natural de inicio do curso.
- Moza ou mozo, soa/só ou acompañada/o, matriculadas/os nun centro de estudo onde se desenvolve o programa. A antena de cada centro poderá ser xestionada por un máximo de 2 persoas.
Disposta/o a realizar as seguintes funcións:
- Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizados semanalmente, de forma ordenada e atractiva.
- Redifundir a información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de instituto, delegadas/os de clase etc.
- Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquietudes, intereses, ideas ou opinións.
E adquirir os seguintes compromisos:
- Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
- Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa.
- Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil.
A Rede de espazos de Información Xuvenil ofrece:
- Recibir formación en materia de información xuvenil: dinamismo informativo, xestión de redes sociais etc.
- Recibir gratuitamente o carné internacional de estudante e o carné de alberguista durante o ano escolar no que participes como Antena de Información Xuvenil.
- Un certificado oficial que acredite a túa participación no programa.
- Entradas a eventos organizados ou programados polo concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro...).
- Compensación económica de 100,00 euros brutos por colaboración educativa. Esta compensación realizarase unha vez que se complete o proxecto anual.
Outros contidos relacionados