Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Profesorado en seccións bilingües de español en Centros educativos no estranxeiro

    Inscricións:

    Ata o 14/04/2023

    O Ministerio de Educación convoca prazas de profesorado en seccións bilingües de español en Centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2023-2024.

  • Bolsa de traballo para o posto de bibliotecario/a-arquiveiro/a no Concello de Pontedeume

    Inscricións:

    Ata o 27/03/2023

    Bolsa de traballo para realizar nomeamentos como funcionario/a interno/a para o posto de bibliotecario/a-arquiveiro/a. Sistema de selección por oposición.

  • Bolsa de emprego de traballador/a social no Concello do Pino

    Inscricións:

    Ata o 28/03/2023

    Convocatoria de selección, por concurso, para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular.

  • Enxeñeiro/a técnico/a industrial para o Concello de Arteixo

    Inscricións:

    Ata o 10/04/2023

    Proceso selectivo, por concurso-oposición, para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario de carreira, enxeñeiro/a técnico/a industrial adscrito ao servizo de urbanismo.

  • Bolsa auxiliar administrativo/a no Concello de Zas

    Inscricións:

    Ata o 04/04/2023

    Convocatoria para elaborar unha bolsa de emprego de funcionario/a interino/a para a cobertura de prazas de auxiliar administrativo/a. A selección realizarase polo sistema de oposición libre.

  • XVII Carreira Popular C10

    Cando:

    23/04/2023

    Inscricións:

    Ata o 16/04/2023

    prazo extraordinario (categoría absoluta): ata o 18/04/2023

    O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 23 de abril a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade. Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas e poderán participar con inscrición gratuíta desde a categoría peques ata sub-18.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en Twitter

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión