Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio coa entidade ECODESARROLLO GAIA

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Inscricións:

Dende o 07/02/2018 ata o 12/07/2018

Fecha de publicación:

13 de xullo de 2018

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e Ecodesarrollo GAIA, coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de servizo de apoio á autonomía persoal e inclusión de poboación migrante con especial atención ás mulleres, que se desenvolverá durante o exercicio 2018

Remuneración / Dotación:

10.000 € con imputación á aplicación prespuestaria 70.231.48050

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Non se lle poderá pagar a subvención á beneficiaria en tanto non se ache ao corrente de cumprir as súas obrigas tributarias co Concello e coa Axencia Tributaria e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de orixe de reintegro.

Entidade:

ECODESARROLLO GAIA

Documentos:

Convenio en castelán (610 KB)

Convenio en galego (547 KB)

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión