Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preinscrición para o periodo vacacional de Nadal nos Espazos de Atención á Infancia

PREINSCRICIÓN: 30 de novembro, 1, 2 e 3 de decembro

HORARIO PRESENCIAL: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia.

Tamén se poderá facer a preinscipción online premendo na seguinte ligazón: Inscrición canguros en liña

Será necesario cubrir a folla de solicitude , presencialmente (por duplicado) ou online, ter o expediente actualizado e aportar a derradeira nómina, xustificante de pago de autónomos ou certificado de ingresos prestacións.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: o 16 de decembro nos Espazos de atención ou chamando ao 010.

DIAS DE ATENCIÓN: desde o 22 de decembro ata o día anterior ao inicio da escola. Isto é, o 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro de 2021 e  o 3, 4, 5, e 7 de xaneiro de 2022.

HORARIO:   

  • LABAÑOU: de 8:00 A 15:00 horas.
  • CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.
  • MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.
  • OS MALLOS: de 9:00 a 15:00 horas.
  • PALAVEA: de 8:00 a 15:00
  • MESOIRO: de 8:00 a 15:00

Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que necesiten a modalidade de atención a domicilio para complementar os días de servizo dos espazos de atención á infancia, deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correpondente solicitude.

Para calquera dúbida poden contactar co persoal do Servizo de Canguraxe situado no Centro de Información ás mulleres (CIM) no teléfono 673 132 372 en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión