Concello da Coruña

Concello da Coruña

III Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ‘Muros que unen’

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello da Coruña lanzan o III Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 'Muros que unen'.

O certame encádrase no convenio acordado entre as partes para destinar 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte as desigualdades. A loita contra a fame, o acceso á auga e mais a enerxía sustentable serán os temas centrais das obras, que calquera persoa ou colectivo pode presentar ata o 2 de novembro.

Con 'Muros que unen' búscase dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no marco da Axenda 2030. Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a terceira edición de 'Muros que unen' centrarase en tres deses 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que os municipios deben contribuír a acadar.

Trátase do ODS 2: Pórlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable; o ODS 6: Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para toda a poboación, e o ODS 7: Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para toda a poboación. Con anterioridade xa se representaran nas rúas da cidade os ODS 1, 3, 4, 5 e 11.

Outorgarase un premio de 2.000 euros por cada un dos tres ODS, que serán representados na fachada principal do Polideportivo Municipal de Labañou, para o que a organización facilitará todos os materiais necesarios. A técnica será libre, e ao concurso poden presentarse ata dúas propostas, seguindo o procedemento establecido nas bases, que poden consultarse na seguinte ligazón. (aquí habría que poner un hipervínculo en ligazón para descargar las bases).

As obras deben ser inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. As dúbidas poden consultarse no teléfono 698 144 536 ou no enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.gal.

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión