Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preinscrición para o periodo vacacional de Semana Santa nos Espazos de Atención á Infancia

PREINSCRICIÓN: 21, 22, 23, 24 de marzo

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia (EAI).

Tamén se poderá facer a preinscipción online premendo na seguinte ligazón: Inscrición canguros en liña

Será necesario:

  • Cubrir a folla de solicitude , presencialmente nos EAI (por duplicado) ou online, na web de Igualdade e Diversidade do concello da Coruña. Achegar, xunto á solicitude, a derradeira nómina, xustificante de pago de autónomos ou certificado de ingresos por prestacións, dos dous proxenitores (en caso de que proceda).
  • Ter o expediente actualizado.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: 4 de abril  no taboleiro dos Espazos de atención ou chamando ao 010.

DIAS DE ATENCIÓN: :   11, 12, 13 y 18  abril de 2022

HORARIO:   

  • LABAÑOU: de 8:00 A 15:00 horas.
  • CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.
  • MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.
  • OS MALLOS: de 9:00 a 15:00 horas.
  • PALAVEA: de 8:00 a 15:00
  • MESOIRO: de 8:00 a 15:00

Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que necesiten a modalidade de atención a domicilio para complementar os días de servizo dos espazos de atención á infancia, deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correpondente solicitude.

Para calquera dúbida poden contactar co persoal do Servizo de Canguraxe situado no Centro de Información ás mulleres (CIM) no teléfono 673 132 372 en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión