Concello da Coruña

Concello da Coruña

Datos abertos

O concepto datos abertos (open data) é unha filosofía e práctica que persegue que determinados tipos de datos estean dispoñibles de forma libre para todo o mundo.

A iniciativa de datos abertos do Concello da Coruña forma parte das iniciativas no ámbito do Goberno Aberto, e está relacionada coas iniciativas de apertura e reutilización da información das administracións públicas.

O seu obxectivo é aproveitar o valor que ten a información que recolle e produce o Concello da Coruña, permitindo o seu acceso e reutilización, cos obxectivos de lle permitir á cidadanía:

  • realizar simples consultas
  • enriquecer información con novos datos
  • xerar aplicacións e servizos, e unha nova economía dixital
  • dotar de maior transparencia á actividade municipal

Accede ao Open Data Municipal

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión