Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O Pacto Local polo Emprego supón, por parte de todas as entidades integrantes, un compromiso co futuro do emprego da cidadanía da Coruña, especialmente das persoas en situacións máis vulnerables.
Entre os seus obxectivos están:
Mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo
Favorecer os procesos de integración e inserción laboral dos colectivos máis vulnerables
Promover a inclusión social e loitar contra calquera tipo de discriminación no mercado laboral
Fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades
Promover a conciliación laboral e persoal
Apoiar o emprendemento e a economía social
Apostar pola innovación empresarial
Promover a creación de redes de cooperación municipais e supra municipais
A quen nos diriximos
As entidades socias do Pacto Local polo Emprego traballan para impulsar a cualificación profesional e a inserción laboral das persoas desempregadas, de maneira especial daquelas que teñen máis dificultades para incorporarse ao mercado de traballo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible