Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2022

Visita do Concelleiro ao obradoiro de Emprego

O concelleiro de emprego Jesús Celemín, visitou o pasado 4 de abril ao alumnado da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos da Coruña (CORVXA) no castelo de San Antón.

Durante dous días a semana (luns e martes) este alumnado trasládanse ao museo arqueolóxico para realizar a fotogrametría das numerosas pezas expostas.

Jesús Celemín acudiu para coñecer máis a fondo o proceso e sistema de traballo que realizan. Á súa chegada estaban fotografiando varios torques de ouro e procesando nos ordenadores dos que dispoñen as pezas tridimensionais, xeradas a través de unha gran cantidade de fotos que interpretan mediante varios programas informáticos.

Este obradoiro de emprego estase a realizar baixo un convenio, entre o concello da Coruña e o concello de Culleredo cofinanciándolo xunto coa Xunta de Galicia, e nel participan 16 alumnos/as dos dous concellos, en dúas especialidades:

  • Producción fotográfica
  • Dinamización, programación e desenvolvemento de actividades culturais

O alumnado de cada especialidade obterá un certificado de profesionalidade ao rematar o obradoiro de emprego e mentres se está realizando son alumnos/as traballadores/as do Concello da Coruña cun contrato de formación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión