Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Desenvolvemento de ferramentas TIC para a mobilidade especifica de turistas e visitantes (LA10)
Obxectivo temático: mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)
Orzamento: 105.270 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: en execución
Prazo de execución: 15 meses
Contratista: Balidea Consulting & Programing S.L.
DESCRICIÓN
Entre os servizos dixitais máis solicitados polas persoas turistas que visitan a nosa cidade está o de poder realizar unha planificación da visita e, máis concretamente, a reserva e pago de entradas en liña aos diferentes museos situados no termo municipal. Esta necesidade converteuse nunha prioridade coa aparición da COVID-19, que obrigou a poboación a cumprir unha serie de medidas para garantir as distancias de seguridade, e as administracións a dotarse de ferramentas dixitais para facilitar o seu cumprimento.
Actualmente, a rede de museos municipais (MC2) e a Torre de Hércules, dispoñen de sistemas heteroxéneos de control de capacidade e venda presencial. Ademais, con motivo da pandemia, implantouse de urxencia unha ferramenta baseada en software libre para permitir a reserva de entradas en liña.
Deséxase evolucionar e ampliar o sistema actual cun conxunto de funcionalidades que permitan, entre outras cuestións, o control da capacidade e o pagamento en liña de entradas. Para lles dar resposta a estes retos, formúlase a contratación dos seguintes elementos:
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de agosto de 2022
La Voz de Galicia
14 de agosto de 2022
Quincemil
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible