Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Sistema de Información de Calidade Ambiental

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Desenvolvemento de ferramenta TIC para participación e sensibilización da cidadanía en asuntos transcendentes da cidade, transparencia e administración electrónica (A21)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento:

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución:

  • Lote 1: 6 meses
  • Lote 2: 5 meses

Contratista:

  • Lote 1: Celta Enxeñeiros S.L.
  • Lote 2: Proceso Dixital de Audio S.L.

DESCRICIÓN

O proxecto contempla a subministración dunha serie de lotes para a modernización do Sistema de información da Calidade Ambiental da Coruña, en concreto os seguintes:

LOTE 1. Renovación da Rede de Vixilancia da Calidade do Aire que consta de:

  • Renovación dos equipos pendentes de actualizar á normativa nas estacións actualmente situadas en Santa Margarita e Pablo Igrexas.
  • Subministración dunha nova estación de medida completa para a súa localización nun punto para determinar polo concello.
  • Traslado dunha das actuais estacións de fondo urbano cara a unha nova localización a definir polos responsables do proxecto.
  • Execución de obras de instalación nos novos emprazamentos incluíndo acometidas, legalización das instalacións de subministración eléctrica das estacións e de cantas actuacións sexan precisas para a súa posta en marcha.

LOTE 2: Ampliación da rede de vixilancia do ruído ambiental que inclúe:

  • Subministración e instalación de equipos de medida de ruído ambiental, así como do software de adquisición e tratamento de datos correspondente.
  • Labores de instalación e posta en servizo, así como de integración na rede existente.

*LOTE 3: Pantallas de información e software que comprende:

  • Subministración e instalación de pantallas de información á cidadanía, así como software de xestión correspondente.
  • Labores de posta en servizo e de integración dos datos das redes ambientais e outra de interese para o concello ao servizo da cidadanía.

*Este último loto resultou deserto e procedeuse a realizar unha segunda licitación nun contrato independente.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Portal municipal de información ambiental

Rede de vixilancia contra a contaminación acústica

Vídeo instalación (Instagram)

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión