Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Conmemoración do Día de europa, 9 de maio de 2021

Desde o Concello da Coruña convidouse a todas as cidades EDUSI de España a formar parte nun evento conxunto para conmemorar o Día de Europa.

A nosa proposta consistiu en unirnos para vestir de azul as nosas cidades ao unísono, no ocaso do 9 de maio, para chegar a todos os recunchos de España e transmitir a idea de unión e consenso que abandeira a Unión Europea.

Nesta iniciativa púxose de manifesto o enfoque global das 72 cidades participantes. A súa colaboración permitiu sumar esforzos, compartir recursos e multiplicar resultados.

Tras a celebración do evento realizouse un vídeo coas imaxes que achegaron 30 cidades, e subtitulouse en catro idiomas. Cada cidade difundiuno nas súas redes sociais e outros medios conseguindo un efecto multiplicador de impactos e transmitindo os logros do FEDER alén das nosas fronteiras.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión