Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Sistema de indicadores

O sistema de indicadores establecido para as estratexias DUSI vainos servir para avaliar o grao de consecución dos obxectivos da Estratexia EidusCoruña.

Establécense uns valores iniciais ou base (de 2016, no noso caso) e uns valores previstos ou valores para alcanzar en 2023. Desta forma coñeceremos en que medida as operacións incluídas no Plan de implementación do proxecto EidusCoruña contribuíron a alcanzar os Obxectivos Estratéxicos (OE) e como consecuencia, contribuíron a resolver os retos da nosa área urbana.

O sistema comprende os indicadores de produtividade, de resultado e de comunicación.

Indicadores de produtividade

Os indicadores de produtividade están ligados a Prioridades de Investimento (PI) e son directamente proporcionais ao gasto realizado. Poden definirse como os bens e servizos "comprados" polo programa. Por esta razón o seu valor inicial é nulo e vai acumulando valor a medida que se van desenvolvendo as operacións. Todo iso condúcenos a realizar unha previsión anualizada ata 2023 que contemple o seu valor acumulado.

Na seguinte listaxe pódese consultar máis información relacionada con estes indicadores:

Indicadores de resultado

Os indicadores de resultado están ligados a Obxectivos Específicos e miden o cambio previsto en relación cos devanditos obxectivos. Responden ás intervencións previstas no Programa Operativo. Vense afectados, ademais de polo gasto realizado, por outros factores externos: socioeconómicos ou ambientais, entre outros.

Deben cuantificar un valor inicial de referencia (que en xeral non será cero) e a evolución deste cunha periodicidade como mínimo anual. Os datos dos indicadores de resultado deberán provir dunha fonte estatística fiable e publicada, que no caso das DUSI pode ser a propia entidade local.

Nas seguintes ligazóns pódese ampliar esta información:

Indicadores de comunicación

Estes indicadores forman parte do mecanismo de seguimento das accións de información, publicidade e comunicación que levan a cabo na Estratexia EidusCoruña, cuxa metodoloxía está recollida na Guía de Seguimento e Avaliación dos Plans de Comunicación, que se elaborou no seo do GERIP (Grupo Español de Responsables de Información e Publicidade).

Consulta os seguintes documentos para máis información:

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión