Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXI Rebumbio matemático 2021-22

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos centros docentes de Galicia matriculados en 6º de EP.

Horario:

De 10.30 a 13.00 h.

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/os, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fases de centro que se realiza durante o mes de marzo no propio colexio. Unha vez terminada, cada centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo (3 de abril, último día), cubrindo a ficha do formulario de zona
  • Fases zonais na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A realizar o 22 de abril en horario de tarde en cada unha das sedes. Os resultados serán publicados o 4 de maio.
  • Final galega. Realizarase o 27 de maio no local que se designe.

Nas Fase de Zona e na Fase Final galega, o alumnado deberá de levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis regra, calculadora etc.) Facilitaráselles papel.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a se identifíque co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2022, a súa incripción en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van intervir, e o profesorado responsable, no formulario de inscrición.

A comunicación cos participantes realizarase a través dos enderezos electrónicos que faciliten. É importante que proporcionen dous enderezos diferentes (o do profesor e o do centro) por se houber algún erro nalgún deles.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Cando:

Dende o 01/03/2022 ata o 27/05/2022

A XXI edición do rebumbio matemático está aínda planificándose polo que falta algunha información definitiva sobre datas e ligazón de inscrición que actualizaremos o máis axiña posible.

Inscricións:

Dende o 03/01/2022 ata o 01/03/2022

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

Os centros que desexen participar formalizarán as súas inscricións a través do Formulario de inscrición que se habilitará para a edición 2021-22.

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

  • Info XXI Rebumbio Matemático (203 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión