Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enerxía e cambio climático 2019-20

A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º a 4º de ESO; 1º e 2º de BACH; FP.

Obxecto:

  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.
  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.
  • Fomentar a implicación do alumnado para propiciar un cambio do modelo de desenvolvemento cara a outro máis solidario e respectuoso co medio ambiente.

Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento das nosas necesidades. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso, etc. xeraron un desenvolvemento tecnolóxico e científico cara ás denominadas enerxías renovables que empezan a gañar presenza na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica...)

Construír un mundo máis sustentable é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos urbanos. Novas tecnoloxías e novas aplicacións que se complementan cun esforzo aforrador e unha mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación continua e a súa automatización.

A concienciación dos máis novos representa o noso futuro: é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e o aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro e eficiencia enerxética.

ESTRUTURA

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre:
    • "A enerxía que move a miña cidade". 1º a 4º de ESO.
    • "Coruña contra o cambio climático". 1º e 2º Bacharelato; FP.
  • Actividades na aula: Duración: 60 minutos. Poderase elixir entre:
    • Xogo "Avanzando coas enerxías renovables". 1º a 4º de ESO.
    • "A miña proposta contra o cambio climático". 1º e 2º Bacharelato; FP.
  • Itinerario/Visita guiada: Duración: 90 minutos. Planta de Cogeneración de Bens e prototipo de vivenda eficiente (Casa de palla de SOMESO). 1º a 4º de ESO; 1º e 2º Bacharelato; FP.

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Documentos relacionados

  • Descrición: Enerxía e cambio climático (189 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión