Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cadernos didácticos María Casares

"Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e mais lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie". Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente Privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña. Neste ano de 2022 o Concello promove a celebración do centenario do nacemento de María Casares (A Coruña 1922 - Alloue 1996).

Obxecto:

O obxectivo fundamental deste documento é servir de ferramenta básica para profesorado e persoal educador na difusión e posta en valor da figura da actriz galega exiliada María Casares. Partindo desta premisa, pretendemos acadar unha serie de obxectivos xerais a partir dos cales se deseñaron os contidos e actividades didácticas. Estes obxectivos están estreitamente vinculados co currículo educativo e as competencias clave das distintas etapas educativas abordadas:

  • Afondar na figura de María Casares con motivo da celebración do centenario do seu nacemento.
  • Coñecer o contexto histórico no que se desenvolve a vida da actriz galega, achegándose á realidade do exilio.
  • Descubrir a Galicia do século XX a través do ollar cálido e amable que a actriz garda sobre a súa infancia galega, e especialmente respecto á cidade da Coruña.
  • Valorar positivamente o teatro coma un ben cultural.
  • Recoñecer en María Casares un patrón de muller libre, formada e independente.

Unha actriz que realizou a súa carreira en Francia, que representaba a vontade, a independencia e a forza creativa tanto na súa vida pública como actriz de teatro e cine como na súa vida persoal. Foi compendio de potencia ética e de compromiso coa II República Española no sentido máis alto da palabra, María Casares sempre dicía que o seu primeiro e mais doloroso exilio foi ter que abandonar A Coruña con oito anos para instalarse en Madrid; o segundo, o definitivo, levaríaa posteriormente a Francia.

Cadernos Didácticos

Este material didáctico foi elaborado con motivo do centenario do nacemento da actriz María Casares, conmemoración que consideramos unha grande oportunidade para lembrar a súa figura e achegala ao alumnado de forma atractiva e didáctica. O feito de ser unha actriz de orixe galega pero cunha traxectoria artística en Francia, unido á súa condición de exiliada, fixo que se considerase practicamente unha estranxeira e, por conseguinte, que fose esquecida inxustamente tras a súa morte, a diferenza do que aconteceu en Francia, onde aínda hoxe é homenaxeada. Queremos reivindicar con este traballo a súa figura, senlleira e de especial relevancia para comprender o noso pasado, pero tamén o noso presente, outorgándolle o seu merecido espazo na memoria colectiva.

As actividades que presentamos, orientadas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria, non pretenden ser unha proposta didáctica pechada, pois coidamos que, para a súa maior eficacia, deben ser adaptadas aos intereses e coñecementos do alumnado e do profesorado, así como á súa diversidade, mediante a selección, modificación e afondamento naquelas cuestións que os e as docentes xulguen oportunas.

Cando:

Dende o 22/02/2022 ata o 30/06/2022

Máis información:

Sobre as autoras:

Sara R. Espiñeira é profesora de Lingua galega e literatura no ensino secundario. Gradouse en Linguas Modernas, con itinerario de francés, e en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.

Alba Guerra Gontán, mestra de Educación Infantil. Conta con varias formacións realizadas no ámbito da Educación Emocional e con inquietudes vencelladas ás pedagoxías activas, á escola na natureza é á introdución da coedución nas aulas.

Máis información 2022 Ano Internacional de María Casares

Documentos relacionados

  • null
  • null

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión