Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Alumnado de 1º e 2º de BACH; FP.
Programa A: clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías.
Programa B: bioloxía experimental e método científico.
Programa A. Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías
Os naturalistas de todas as épocas mostraron unha gran preocupación por poñer orde na enorme variedade de seres vivos existentes. Hoxe en día a clasificación dos animais segue sendo unha cuestión cambiante e de actualidade. A elaboración de listaxes coas especies presentes nun espazo é a base de partida para todos os estudos e traballos que se desenvolven dirixidos á súa conservación. É por elo que é necesario manexar con soltura todo tipo de guías e claves. As aves máis frecuentes en espazos próximos a zonas urbanas son un bo punto de partida para iniciase no seu uso. Durante a fase práctica deste programa capturaremos aves o que nos permitirá ademais ir un pouco máis aló da identificación. A determinación do sexo, a idade, o seu estado físico, reprodutor... completarán a formación recibida neste programa.
Estrutura
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
Programa B. Bioloxía experimental e método científico
A bioloxía divídese en descritiva e experimental. No primeiro caso limitámonos á mera observación dos seres vivos para clasificalos ou analizar o funcionamento da súa estrutura, e realizar descricións do observado. No segundo caso, aplicamos o método científico ao estudo dos seres vivos e é propia da ciencia moderna. Especialidades como a xenética ou a ecoloxía baséanse na súa aplicación.
Estrutura
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020
NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.
Este evento xa rematou
Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020
Inscrición centros
Materiais de apoio:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible