A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. ¿Como utilizamos este recurso? ¿Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Alumnado de 3º a 6º de EP, de 1º e 2º de ESO, EE.
Estrutura
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
A auga na natureza. 60 min. 3º, 4º, 5º e 6º de EP
A ruta da auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º ESO
Xogo: A vida no río. 60 min. 3º e 4º de EP
Xogo: A auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO
A planta potabilizadora da Telva. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e2º ESO.
De expedición polo río Mero. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e2º ESO.
A planta depuradora de Bens. 120 min. 1º e 2º ESO.
Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020
NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.
Este evento xa rematou
Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020
Inscrición centros
Materiais de apoio:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible