Concello da Coruña

Concello da Coruña

Reforzo Escolar Primaria 2021-22

Programa municipal de reforzo educativo en lectoescritura para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2021/2022

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Primaria, con dificultades de aprendizaxe e/ou desvantaxe educativa que lle será indicada ao SME.

O obradoiro para a intervención nas dificultades da linguaxe e a escritura é unha actividade para previr, reducir e readaptar as dificultades no ámbito da linguaxe expresiva-cognitiva, o fala e a lectoescritura que poidan presentar os nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos.

Horario:

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. LECTOESCRITURA
C. CÍVICO Luns Martes Mércores Xoves Venres
Rosales 16.30- 18.30
Castrillón 18.30-20.30 18.30-20.30
San Diego 16.30 - 18.30
Mesoiro 18.00 - 20.00
Elviña 16.00 - 18.00
Mallos 16.15-18.15 16.30 a 18.30
Novoboandanza A-16.00 - 18.00 B- 18.15 - 20.15
Labañou 16.00 - 18.00
Artesáns 16.15-18.15
Montealto 18.00 - 20.00 18.00 - 20.00
Monelos 16.00 - 18.00
Cidade vella 17.00-19.00 17.00-19.00

Unha vez por semana durante dúas horas

Prezo / Custo:

Gratuíta.

Obxecto:

  • Adquirir unha competencia adecuada en lectoescritura
  • Aumentar a motivación no proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades e técnicas de estudo necesarias
  • Favorecer a igualdade de oportunidades, proporcionar os recursos pedagóxicos e habilidades que favorezan o rendemento escolar do/a alumno/a
  • Reducir as taxas de fracaso e abandono temperán do sistema educativo; así como combater o absentismo escolar e mellorar a convivencia no ámbito educativo
  • Implicar ás familias na educación do alumnado, nos procesos de aprendizaxe de ensino
  • Promover a normalización e a integración social e cultural

O obradoiro impártese en 12 centros cívicos da cidade e realízanse un día á semana cunha duración de dúas horas por sesión.

En varios centros cívicos da cidade, impartiranse dous talleres para dar cabida a máis menores (Pregamos consulten)

Condicións do programa:

Os grupos terán un máximo de 6 participantes

-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.

-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van desenvolver

Cando:

Dende o 04/10/2021 ata o 31/05/2022

As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.

Aplicaranse os protocolos Covid de recepción do alumnado e de limpeza

Inscricións:

Inscricións do centro:

Mediante solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como polo persoal técnico de Servizos Sociais; propiciando a coordinación entre ambo sempre que sexa posible.

Inscricións do alumnado:

Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión