Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

  • A mellor estratexia de xogo 2022-23

    Taller que ten como obxectivo previr no alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A outra veciñanza 2022-23

    A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

  • A pandemia 2022-23

    Ata ben entrado o século XX os virus constituían un misterio invisible. Eran de transcendental importancia, pero non detectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Antón van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriológicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto un coronavirus cambiou por completo nosa vida, como só conseguírono antes as peores guerras da humanidade. Penetrémonos un pouco máis o coñecemento destes patógenos.

  • A que tren sobes? Prevención de consumo de tabaco e alcol 2022-23

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nas e nos menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da internet 2022-23

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2022-23

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. ¿Como utilizamos este recurso? ¿Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2022-23

    O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado de inicio de adiccións a sustancias, co/a menor, a súa familia e a contorna educativa.

    O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo 2022-23

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Anelamento científico de aves 2022-23

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Arte e cultura no centro 2022-23

    O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "PROXECTOS".

  • AULAS ACTIVAS de SEGURIDADE VIARIA. Asegura a túa vida na mobilidade 2022-23

    STOP A ccidentes xera un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, que necesita desprazarse, tanto en contornas urbanas como interurbanos, de forma autónoma e son usuarios habituais de diferentes medios de transporte. Adaptamos a nosa metodoloxía a cada colectivo e actualizando contidos considerando sempre as diferentes idades e momento evolutivo dos participantes para traballar valores de convivencia na mobilidade.

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa XI

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2022-23

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e converter os peóns e as peoas nos verdadeiro protagonistas da seguridade viaria.

  • Campacoles 2022-23

    A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

  • Celebración do Día Internacional das Cidades Educadoras 2022-23

    A Concellería de Educación organizará unha actividade para conmemorar o Día Internacional das Cidades Educadoras.

  • Cinema na escola 2022-23

    Segunda edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...

    ¿Aínda non vistes as curtametraxes máis premiadas da primeira edición? Podedes facelo na canle de Youtube que atoparedes máis abaixo.

    • O último acorde (IES Salvador de Madariaga)
    • Atréveche o teu (Colexio CID)
  • Compras seguras 2022-23

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

    Actividades relacionadas

  • Concurso de cartas e debuxo "Querid@s... agora imos camiñando ao cole" 2022-23

    Dirixido ao alumnado de 3.º a 6.º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns do alumnado para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

  • Concurso de Drones

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drones para posteriormente participar no concurso.

  • Concurso Imaxina Coruña 2022-23

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír a resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

  • Consello Local da Infancia da Coruña

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil a desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil celebrado en novembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2022-23

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2022-23

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos e emocións e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocions, ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Conversa en liña I: violencia de xénero: violencias sexuais (abuso, acoso e agresión sexual)

    Nesta conversa abordaremos conceptos básicos sobre esta materia, as manifestacións das violencias machistas; a violencia sexual; o abuso, acoso e agresión sexual; os dereitos sexuais e reprodutivos.

    Falaremos sobre as dinámicas de lecer nocturno e sinalaremos cales son as principais ideas e hábitos para poder combater as violencias sexuais, (de) construíndo os mitos existentes sobre abuso, acoso e agresión sexual.

    Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa

  • Conversa en liña II: publicidade e imaxe persoal. Imposición de canons estéticos. A hipersexualización

    Nesta conversa exploraremos as permanencias e posibles disidencias para a imposición dos canons estéticos normativos e os mandatos sobre a beleza que afectan á nosa sociedade, facendo especial fincapé nas adolescentes.

    Analizaremos o impacto emocional que esta violencia simbólica xera, facilitando recursos e claves ás e os adolescentes para camiñar cara a unha maior seguridade en si mesmas/vos, autocuidado e empoderamiento emocional e corporal, en especial por parte das nenas.

    Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa.

resultados 86

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión