A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados/as, preferentemente, no termo municipal do Concello da Coruña.
Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)
Constituída por 9 escolas que atende a menores de 0 a 3 anos:
A titularidade perténcelle ao Concello da Coruña que lles encarga a xestión a empresas concesionarias, excepto no caso da escola infantil Carmen Cervigón xestionada polo IBS Padre Rubinos, entidade coa cal o concello ten asinado un convenio de colaboración.
Todas as escolas están sometidas á normativa vixente para as escolas do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), e ao Regulamento de organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, publicado no BOP da Coruña o 6 de agosto de 2020 (núm. 124).
Ademais, réxense por un Regulamento de réxime interno propio e identificativo, no que se recollen as normas de convivencia, de organización e funcionamento de cada unha delas.
A REIM ofrece un servizo educativo de calidade para a primeira infancia, entendendo a educación como un dereito do/a neno/a para o desenvolvemento integral da súa personalidade (físico, afectivo, intelectual, moral e social), nun ambiente adecuado ás súas necesidades e en contacto con outros/as nenos/as. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible