A creación en xuño de 2019 do ámbito de Memoria Histórica do Concello da Coruña puxo en relevo o firme compromiso do novo Goberno municipal pola defensa dos valores democráticos e a recuperación e divulgación da memoria colectiva. A súa incorporación ao Servizo de Educación responde á imperiosa necesidade actual de divulgar os principios e valores do Estado social e democrático de dereito, a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político e a importancia da soberanía nacional do pobo ás novas xeracións.
Entre as súas funcións contémplase o dereito á verdade das vítimas e a protección da súa memoria a través da documentación e a salvagarda dos seus testemuños en arquivos públicos. O dereito á xustiza e a investigación dos bens expoliados. O deber de memoria como garantía de non repetición e a retirada dos símbolos e elementos públicos contrarios á Memoria Democrática. O respecto aos lugares de especial transcendencia na memoria colectiva, que terán unha función conmemorativa e didáctica. O apoio ás entidades e movementos memorialistas. Pero sobre todo o fomento dos valores democráticos e de convivencia, do coñecemento da historia democrática española e dos dereitos fundamentais e humanos.
O 13 de abr de 2022
Terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga ás 19.00 horas e a entrada será gratuíta e ata completar a capacidade
O 22 de mar de 2022
Poderá visitarse ata o 8 de maio na Casa Museo Casares Quiroga
O 23 de feb de 2022
Neste contexto lanza uns cadernos didácticos, ferramenta básica para profesorado e persoal educador na difusión e posta en valor da figura da actriz galega exiliada María Casares
O 22 de nov de 2021
Este acto de lembranza será o martes 23 de novembro e estará acompañado dunha ruta pola arquitectura emblemática impulsada na época na que Martín Ferreiro exerceu de concelleiro e pola presentación dun libro sobre a súa vida
O 27 de out de 2021
A ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica), en colaboración co Concello da Coruña convoa un programa de talleres de investigación histórica. Esta convocatoria chega despois de moito tempo colaborando con familiares de persoas desaparecidas, investigando sobre o mundo do exilio, traballando sobre persoas presas e sobre os métodos de represión. Vendo as dificultades para o traballo, lánzanse estes talleres para dotar de ferramentas para favorecer o proceso de investigación.
O 27 de set de 2021
Será en casa Museo Casares Quiroga e poderá visitarse ata o 28 de novembro
Ver anexos
Consello de Memoria Democrática
Órgano consultivo impulsado polo Goberno municipal da cidade desde febreiro de 2018 cuxo fin é asesorar ao executivo local en materia de memoria histórica e democrática, e promover a realización de informes, accións e actividades relativas á reparación moral e a recuperación da memoria persoal e familiar daqueles e aquelas que padeceron persecución ou violencia por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa, dar resposta ao establecido na Lei de Memoria Histórica e atender ás demandas das vítimas en termos de verdade, xustiza e reparación.
Está presidido pola alcaldesa da Coruña, vicepresidente o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, vocais un concelleiro ou concelleira representante de cada grupo da Corporación municipal, representantes do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da Real Academia Galega, da Universidade da Coruña, do Arquivo Municipal e das principais entidades memorialistas da cidade, así como dous investigadores de recoñecido prestixio. Secretario/a un funcionario/a de o Servizo de Educación.
ACTAS RELACIONADAS:
Entidades Colaboradoras
ARGA. ATENEO REPUBLICANO DE GALICIA
ARMH. ASOCIACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA
CRMH. COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
CÁTEDRA DE MEMORIA HISTÓRICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
PUNTO DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO E OS SEUS FAMILIARES (PAVF)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible