Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello colabora co Real Club de Golf da Coruña na décimo segunda edición do trofeo senior 'Torre de Hércules de Oro'

O torneo terá lugar esta fin de semana, entre o venres 1 e o sábado 2 de xullo, no Real Club de Golf da Coruña, na Zapateira

Cando:

30 de xuño de 2022

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asistiu este xoves ao acto de presentación da décimo segunda edición do trofeo sénior 'Torre de Hércules de Oro', que terá lugar esta fin de semana, entre o venres 1 e o sábado 2 de xullo, no Real Club de Golf da Coruña, na Zapateira.

Durante a presentación do torneo, celebrada ao pé da Torre de Hércules, Martínez puxo en valor a relevancia da competición, "un dos máis importantes en categoría sénior dos que se levan a cabo actualmente en Europa", e subliñou o compromiso do Goberno municipal co trofeo, que conta coa colaboración do Concello da Coruña.

O campionato sénior 'Torre de Hércules de Oro' celebrou a súa primeira edición tras o recoñecemento da Torre de Hércules como único faro do mundo declarado como Patrimonio da Humanidade. Desde entón, erixiuse como un evento deportivo con vocación internacional, capaz de atraer aos mellores xogadores de Europa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión