Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

O Concello celebra o Día da Discapacidade con actividades deportivas abertas ao público en Riazor

Esta xornada, que se celebrará xunto ao Palacio dos Deportes de 11.00 a 13.00 horas, busca fomentar a diversidade e a inclusión no deporte

Cando:

1 de decembro de 2022

O Concello da Coruña organiza este venres o Día da Discapacidade con actividades deportivas dirixidas e abertas ao público na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. Esta iniciativa busca fomentar o deporte entre os diferentes colectivos da cidade e amosar o seu carácter diverso e inclusivo.

O Concello invita ás persoas interesadas na práctica deportiva a asistir a esta cita. As persoas que participen poderán levar a cabo actividades dirixidas, como bailes latinos ou pilates, e deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, ximnasia rítmica e artística, esgrima, escalada, hóckey ou petanca.

Ademais, diferentes asociacións e entidades da cidade participarán nestes actos, que terán lugar entre as 11.00 e as 13.00 horas. O Concello da Coruña quere, deste xeito, conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, que se celebra cada ano o 3 de decembro.

Está confirmada a asistencia de 15 asociacións e a participación dunhas 200 persoas, ás que se lles sumarán os usuarios e usuarias das Escolas Deportivas Municipais. As entidades que confirmaron a súa presenza son: ACLAD, ADCOR, Anpanxoga, APEM, Aspanaes, Asperga, Buen Pastor, Casco Mesoiro, Casco Rosales, Aspronaga, San José, Sor Eusebia, Adaceco, Asociación Española contra el Cáncer e ONCE.

'Baixo o mesmo paraugas'

Por outra banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidirá a sétima edición da iniciativa 'Baixo o mesmo paraugas', un acto en apoio ás persoas con discapacidade que se desenvolverá este sábado, 3 de decembro, no paseo do Parrote a partir das 12.00 horas. Preto dun centenar de entidades de toda Galicia participarán nesta campaña que encherá a cidade de paraugas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión