Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

O Concello adxudica a construción do skatepark e pista multideporte na praza de José Toubes

A actuación inclúe a urbanización do conxunto da praza, con novos espazos verdes e mobiliario

Cando:

2 de decembro de 2022

O Concello da Coruña propuxo hoxe, en mesa de contratación, a adxudicación á empresa Arce da construción do skatepark e pista multideporte na praza de José Toubes, no barrio de Catro Camiños. Esta nova infraestrutura situarase baixo o viaduto da avenida de Alfonso Molina.

A obra inclúe a urbanización do conxunto da praza e amplía o anterior proxecto, que só incluía a pista de skate. Neste caso, haberá un skatepark máis completo e construirase tamén unha pista multideporte, que quedarán integrados na contorna mediante a adecuación do firme de todo o conxunto.

O Goberno de Inés Rey busca con esta actuación dotar os barrios de novos equipamentos para todas as idades, atendendo neste caso as demandas da mocidade. Esta infraestrutura está cofinanciada con fondos Eidus e terá un orzamento de 450.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Outro dos obxectivos desta actuación será a mellora da accesibilidade na zona. Reformaranse as beirarrúas e habilitarase un novo paso de viandantes na rúa Fernando Rey con rede semafórica. Crearase tamén unha praza peonil, que será unha zona de tránsito e encontro, con novos espazos verdes e mobiliario.

O proxecto completará a reurbanización da praza José Toubes, na que xa está aberto ao público o Remanso. Na contorna estase a executar tamén a mellora de Fernández-Latorre, con reurbanización completa, carril bici e novas árbores. O tráfico nesta travesía quedará habilitado de novo esta fin de semana.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión