Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Máis de 800 persoas inscribíronse xa ao 'bonus track' de Coruña Corre

O prazo para apuntarse está aberto ata o 11 de decembro, unha semana antes de que se leve a cabo a carreira que conmemora o 50 aniversario do CHUAC

Cando:

2 de decembro de 2022

Coruña Corre despedirá a tempada 2022 o próximo 18 de decembro coa carreira que conmemorará o 50 aniversario do CHUAC, unha cita para a que está aberto o período de inscrición.

Xa hai máis de 830 persoas apuntadas a este 'bonus track' de Coruña Corre, unha proba que non puntúa, mais pechará o circuíto con broche de ouro. 

Aínda estás a tempo para sumarte a esta carreira que une Eirís e o Parrote, cunha distancia de 5.250 metros, case toda sobre asfalto, coa excepción dalgunha zona de terra.

Á proba absoluta apuntáronse máis de medio milleiro de atletas e a categoría Peques conta xa con 155 persoas anotadas.

Lembra que para quen participase en Coruña Corre 2022 a inscrición a esta carreira é gratuíta e para o resto ten un custo de tres euros. Súmate á homenaxe ao CHUAC!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión