Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abano de servizos en Matogrande

Prestacións para os preto de 1.850 corredores e corredoras que están inscritos para a Popular de Matogrande do próximo domingo

Cando:

20 de xaneiro de 2022

A carreira de Matogrande, primeira cita do circuíto CoruñaCorre e que se realizará este domingo no barrio coruñés, ofreceralles ás persoas participantes variados servizos para que poidan competir e gozar plenamente do día da carreira. As carreiras, desde a categoría Absoluta a Peques, terán saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco (á beira do colexio Liceo La Paz).

Os dorsais poderanse recoller o sábado 22 de xaneiro das 11.00 ás 20.30 h e o domingo 23 de xaneiro ata unha hora antes da saída de cada carreira.

Grazas ao código QR que leva o dorsal, todas as persoas que corran poderán coñecer o seu crono ao finalizaren a carreira.

Nesta carreira, como consecuencia dos protocolos sanitarios, vémonos na necesidade de suspender o servizo de roupeiro e duchas. Esperamos ofrecelos nas seguintes citas do circuíto Coruña Corre.

Ao final da proba, todos/as os/as corredores/as recibirán avituallamento sólido, grazas á colaboración de Sanbrandán e Gadis, e líquido por cortesía de Coca Cola.

Todos/as os/as corredores/as da categoría "Peques" recibirán unha medalla conmemorativa só por participar na proba. Debido ao gran número de corredores/as da categoría de "Peques", nacidos/as no ano 2015 e posteriores, estableceranse tantas quendas de saída como sexan necesarias. As persoas participantes nesta categoría esperarán en caixóns de saída cerrados e controlados por monitorado ata o momento no que serán conducidos á liña de saída.

Desde as 9.30 ata as 12.30 horas haberá un servizo de atención á infancia para os/as fillos/as das persoas corredoras, vaian competir ou non posteriormente nas carreiras de menores.

A entrega de premios terá lugar arredor das 13.00 horas no palco situado na zona interior cuberta do Colexio Liceo La Paz.

Son os servizos que se merecen os/as case 1.850 persoas inscritos na carreira, grandes protagonistas do próximo domingo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión