Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Andainas Febreiro 2023

Abrirasé prazo de solicitudes as 08:00 h do luns 06 de xaneiro ata as 12:00 h do xoves 09 de febreiro.

Abrese de novo a ruta do domingo 12 de febreiro ao producirse baixas nos solicitantes

A ruta dos venres está adaptada a persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas  

. O Concello da Coruña promove ata finais de maio 40 andainas guiadas por lugares emblemáticos da cidade, mesturando historia e deporte

Roteiro 1: Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor

Temática: Historia e anécdotas do deporte coruñés                               

Horario: 12:00 a 13:00 horas

Saída: Busto de Arsenio Iglesias                                                      

Chegada: Palacio dos deportes de Riazor

Datas: 10,17 E 24 DE FEBREIRO

Nesta andaina repasarase a historia do deporte na cidade de A Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que aconteceron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os".

A andaina comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".

Roteiro 2: Murallas da Coruña

Temática: Andaina aos tempos de María Pita                                           

Horario: 12:00 a 13:30 horas

Saída: Estatua de María Pita                                                                    

Chegada: praza de María Pita

Datas: 26 DE FEBREIRO

Camiñaremos pola Dársena da Mariña ata chegar ao Castelo de San Antón, o cal poderemos visitar e coñecer o seu interior e as reliquias que garda. Visitaremos o forte amurallado da Cabeza do Reino: baluarte de Santa Bárbara, Porta de San Miguel  Baluarte do Mar, o polvorín e as portas do Parrote ata regresar ao momento de partida, logo de repasar historias e arquitecturas dun período crucial que transformará a cidade

Roteiro 3: A Coruña Romana

Temática: Andaina aos tempos de Fortunatus                           

Horario: 12:00 a 13:30 horas

Saída: Entrada do museo de San Antón                                     

Chegada: Cantón Grande

Datas: NON TEN DATA NO MES DE FEBREIRO

Esta andaina é como unha viaxe física e temporal a 2000 anos atrás, interpretando morfoloxía da cidade romana, a través do patrimonio arqueolóxico.

A xornada comeza cunha visita guiada á sala arqueolóxica da Romanización e da Coruña romana do Museo de San Antón, identificándose varios elementos epigráficos, náuticos, cerámicos, arquitectónicos e funerarios. A continuación comeza a andaina pola Cidade Vella, Franxa, rúas Rego de Auga e Real ata o Cantón grande para localizar os sitios onde os elementos arqueolóxicos musealizados foron localizados.

Roteiro 4: A Coruña da Ilustración

Temática: Andaina aos tempos de Cornide                                               

Horario: 12:00 a 13:30 horas

Saída: Praza Pintor Sotomayor (fronte edif. do Real Consulado)               

Chegada: Fábrica de Tabacos

Datas: 19 DE FEBREIRO

Partindo dende dúas mansións da segunda metade do século XVIII, propiedade de dous cidadáns da nova Coruña comercial e dos negocios náuticos desta época (José Ríos e Pedro Agar), esta andaina levaranos por un vello barrio histórico, o da Pescadería, que agora se transforma, e remataremos no lugar coñecido naquel tempo como "Acea de Xaspe", na desembocadura do río Monelos e ceca da "Illa dos Xudeus", ata chegar a unha infraestrutura fabril importante daquela Coruña, no lugar onde logo se construirá a Fábrica de Tabacos.

Roteiro 5: Mitoloxía da Coruña. Hércules, Xerión é Breogán.

Temática: Mitoloxía dos héroes

Horario: 12:00 a 13:30 horas

Saída: Rosa dos Ventos.

Chegada: Casa das Verbas (Cemiterio Moro).

Datas: 05 DE FEBREIRO

Percorrido polo Parque escultórico da Torre de Hércules interpretando a mitoloxía clásica e atlántica que se agocha nos cantís e nas esculturas.

Roteiro 6: Pola Fronte de Guerra da Batalla de Elviña (1809).

Temática: Batalla de Elviña

Horario: 12:00 a 13:30 horas

Saída: Casa do Lagar-Oficina Relacións Internacionais da Universidade da Coruña.

Chegada: Igrexa de San Vicente de Elviña.

Datas: 12 DE FEBREIRO

Recorrido pola liña da fronte da Batalla de Elviña analizando o teatro de operacións e os movementos das forzas contendentes.

Cerca dos lugares de inicio e final pasa o bus urbano USC-Intercampus Elviña/Economía)

INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais e, no caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía. Permítese a participación de menores de idade, sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta que tamén esté inscrita na andaina. 

Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.

Como me apunto? Enchendo o formulario en liña, no formulario a continuación, ou chamando ao teléfono 981189800, durante o prazo de inscrición, en horario de 08:00h a 15:00h

FORMULARIO DE INSCRICIÓN ANDAINAS 2023

Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, unha dirección de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2022-2023.

Cando podo apuntarme? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.

Como se que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.

Como se organizan os grupos? O número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina

Ao finalizar cada andaina, as persoas participantes poderán repoñer forzas coa desgustación ofrecida por SanBrandrán.

Documentos relacionados

  • Andainas Guiadas Febreiro 2023 (207 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión