Neste apartado pode obter información dos eventos deportivos activos nos que participar a través do voluntariado.
Lembra darte de alta previamente antes de inscribíreste en calquera evento.
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 24 de Abril de 2022 A XVI edición da Coruña10
Unha nova cita deportiva onde podes formar parte da organización, sentir a competición desde dentro, colaborar e contribuír a facela posible. É un esforzo diferente e de carácter altruísta, pero que leva unha gran satisfacción por axudar activamente ás persoas participantes que cruzan a meta.
Podes participar como voluntaria/voluntario na C10 formalizando a solicitude a través da seguinte ligazón:
FORMULARIO - Voluntariado C10 2022
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns día 18 de abril ás 23.59 horas.
Sen a vosa presenza, sumando esforzos, o éxito dos eventos deportivos na nosa cidade non sería posible. Participa se tes máis de 18 anos e queres colaborar.
Agardámoste!
Voluntariado Deportes Coruña
Podes consultar toda a información da carreira na páxina web: /carreiraspopulares/gl/coruna10
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible