Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Curso de Golf 4º Trimestre

CURSOS DE INICIACIÓN AO GOLF  (OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) DE 2022

21 de setembro - Matrículas

As matrículas formalizaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 21 ao 30 de setembro de 2022, en horario de 09.00-15.00 e de 16.00 a 22.00 h.

20 de setembro - Listaxe Definitivo ordeado por Cursos

Pubicase a listaxe defintiva dos solicitantes do 4º Trimestre de 2022 na seguinte ligazón.

Listaxe Definitiva Solicitantes 4º Trimestre - Orde de Grupos

19 de setembro - Sorteo da letra

Unha vez realizado o sorteo público da letra que establecerá a orde de corte para asignación de prazas, pode consultar o resultado no seguinte ligazón: 

Resultado: Letra U Sorteo letra elexida

12 de setembro - Listaxe provisional 

Publicanse as listaxes provisionais dos solicitantes do 4º Trimestre do Curso de Iniciación ao Golf

01 de setembro - Presentación solicitudes

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 01 ao 09 de setembro de 2022, ambos os dous inclusive; o prazo remata ás 14:00 h do día 09 de setembro.

                                                       FORMULARIO DE SOLICITUDES - Cursos de Golf - 4º Trimestre

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 12 de setembro de 2022 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección de 3 días naturais a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións. As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules. O prazo remata o día 15 de setembro.
  • Sorteo público: terá lugar o 19 de setembro de 2022, ás 09:00h,  nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor.
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do día 20 de setembro de 2022.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 21 ao 30 de setembro de 2022.

GRUPOS DE IDADES

  • Infantil: de 6 a 11 anos.
  • Xuvenil: de 12 a 16 anos.
  • Adultos: de 17 anos en diante.

CURSOS OFERTADOS

GRUPO NIVEL DIA HORARIO PRAZAS
ADULTOS  INICIACIÓN     LUNS E XOVES 09:30 a 10:30  8
10:30 a 11:30  8
11:30 a 12:30  8
19:30 a 20:30  8
20:30 a 21:30  8
 MARTES E   VENRES 09:30 a 10:30  8
10:30 a 11:30   8
11:30 a 12:30  8
19:30 a 20:30  8
20:30 a 21:30  8
 SÁBADO E   DOMINGO 09:30 a 10:30  8
10:30 a 11:30  8
XUVENIL INICIACIÓN LUNS E XOVES 18:00 a 19:00  8
MARTES E VENRES 18:00 a 19:00  8
SÁBADO E DOMINGO 11:30 a 12:30  8
INFANTIL INICIACIÓN LUNS E XOVES 17:00  a 18:00  8
MARTES E VENRES 17:00  a 18:00  8
SÁBADO E DOMINGO 12:30 a 13:30  8

TAXAS:

ADULTO:   48.22€

INFANTIL: 28.94€

As fechas de inicio e finalización dos cursos son as siguentes:

Luns e Xoves                Comezan o  03 de outubro e finalizan o 19 de decembro do 2022

Martes e Venres            Comezan o  04 de outubro e finalizan o 23 de decembro do 2022

Sábados e Domingos    Comezan o  01 de outubro e finalizan o 10 de decembro do 2022

Pode consultar o anexo da convocatoria deste trimestre na seguinte ligazón ou nos documentos adxuntos ao pe da páxina, asi coma as bases reguladoras desta campaña:

Anexo 4.º trimestre - Cursos de Iniciación ao Golf - Ano 2022

Documentos relacionados

  • Listaxe Definitiva Solicitantes 4º Trimestre - Orde de Grupos (246 KB)
  • Listaxe provisional por Orde Alfabetico - Cursos 4º Trimestre (242 KB)
  • Listaxe provisional por Cursos - 4º Trimestre (135 KB)
  • Anexo 4.º trimestre - Cursos de Iniciación ao Golf - Ano 2022 (50 KB)
  • Bases convocatoria curso 2022 (309 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión