Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Outono 2021. Conexión Pingüín

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por José Prieto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/12/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

• Todo o que acceda á sala na que terá lugar a función debe facelo con entrada.

• Unha vez comezada a función non se poderá acceder ao auditorio.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todos os días e acotío, en casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, e ao mesmo tempo nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, cunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se decata, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, ....

Compañía: Culturactiva

Autoría: José Prieto

Intérpretes: Luís Igrexa, Marcos Orsi

Dirección: Marcos Orsi

Espectáculo en galego

*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión