Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Marilyn Monroe - Estreas en VO - xaneiro 2022

Retomamos a programación de cinema cun ciclo de estreas en versión orixinal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/01/2022 ata o 29/01/2022

Este evento xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

13, 14 e 15 de xaneiro

NOWHERE SPECIAL (Preto de ti) de Uberto Pasolini

Con: James Norton e Daniel Lamont

Reino Unido, 2020 - 96 min - (VOS en castelán)

Formato: Blu-ray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS

20, 21 e 22 de xaneiro

PAPICHA de Mounia Meddour

Con: Marwan Zeghbib e Lyna Khoudri

Alxeria, 2019 -106 min (VOS en castelán)

Formato: Blu-ray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS E ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

27, 28 e 29 de xaneiro

SHEYTAN VOJUD NADARAD (A vida dos demais) de Mohammad Rasoulof

Con: Ehsan Mirhosseini e Shaghayegh Shoorian

Irán, 2020 - 151 min - (VOS en castelán) Formato: Blu-ray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión