Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxecto artístico: “La huella”

No ano 2013 comeza unha colaboración entre a Escola Infantil dos Rosales e AFACO. Esta colaboración supón o comezo dunhas visitas e interaccións por parte das persoas usuarias de ambas as entidades, é dicir, nenos/as de 0-3 anos e maiores afectados/as por unha demencia.

A quen vai dirixido?:

- Luns: pechado

- De martes a sábado:

Mañás das 11:00 ás 13:30 h

Tardes: das 18:00 ás 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás das 12:00 ás 14:00 h

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/06/2022 ata o 17/07/2022

Inaugúrase o venres 17 de xuño de 2022

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo María Pita . Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta

Organiza:

Casas Museo

Contacto:

Tel.: 981 189 853

As ditas visitas supoñen un antes e un despois de carácter emocional, xa que, por unha banda, a inocencia e frescura das nenas e dos nenos ten que encaixar con persoas que están a atravesar un duro momento que lles rouba sobre todo os recordos. Pero ese quebracabezas encaixou á perfección e superou todas as expectativas.

Lamentablemente nos últimos anos a pandemia obrigou a suspender estas visitas que tanto enriquecían, animaban e cambiaban o día a día destas persoas. Por iso, agora que parece que vemos de novo a luz, non queremos perder a oportunidade de alumar de novo a estas persoas que tanto sufriron cun duro illamento.

Nesta ocasión, únese a nós o ceramista Víctor Ares, que sensibilizado coa situación, fíxonos chegar unha proposta artística incrible. Crearase un mural no cal as e os "artistas" participantes serán por unha banda as persoas afectadas por unha demencia e por outra as/os nenas/os da escola infantil. O tema dese mural será "La huella".

Desde o comezo da nosa vida hai cousas que nos marcan e deixan unha pegada indeleble que nos acompañará ata o final. Pode parecer que as nenas e os nenos pequenos non teñen a dita pegada debido á súa curta idade, pero para iso contamos co apoio dos seus pais, familias e profesorado, que nos axudarán a ir lembrando as cousas que van adquirindo importancia: o primeiro chupete, a peluche, xoguete favorito... Pode parecer tamén que as persoas usuarias de AFACO non poderán participar pola súa alteración da memoria, pero non esquezamos que moitas veces un obxecto esperta recordos e experiencias do pasado.

Necesitamos a inestimable colaboración de familias, acompañantes, mestres/as etc para poder realizar este ambicioso proxecto dada a particularidade das persoas que van formar parte del.

"La huella" é un proxecto sobre o presente, pero botando a vista atrás sobre o noso pasado e as nosas esperanzas de futuro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión