Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2022

O ciclo Todo Público ofrece no Fórum Metropolitano un espectáculo teatral que se achega ás cuestións de identidade de xénero

A compañía El Espejo Negro interpreta ‘Cris, la pequeña valiente’, recoñecida co Primeiro Premio do Público na 37ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2021

O auditorio do Fórum Metropolitano abrirá mañá as súas portas ao penúltimo espectáculo previsto na programación de primavera do ciclo Todo Público, que rematará a comezos de xuño. 

Este sábado 28 (ás 12.00 horas), a compañía andaluza El Espejo Negro, recoñecida polo seu traballo con monicreques, achegará ao público asistente o espectáculo 'Cris, la pequeña valiente', contextualizado na celebración do festival Corufest 2022 e que achega a historia dunha nena, Cristina, que loita por ser quen é e ser o que sente, un relato cheo de superación dedicado a todas as persoas transxénero do mundo.

A obra, dirixida por Ángel Calvente e interpretada por Cristina Jiménez, Carlos Cuadros e Yolanda Valle, acadou o Primeiro Premio do Público na 37ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2021, así como o Premio Especial do Xurado na 38ª edición da Feria de Artes Escénicas de Palma 2021.

O espectáculo teatral, de algo máis dunha hora de duración e recomendado para maiores de seis anos, céntrase nunha visión positiva da protagonista sobre as cuestións de identidade de xénero.

As entradas para asistir ao espectáculo están á venda, cun prezo de 6 euros para o público xeral. Ademais, tamén é posible adquirir un abono familiar que conta con tres entradas para unha mesma función por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de Ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, ata esgotar as entradas dispoñibles. 

Conta atrás para o peche do ciclo Todo Público na tempada de primavera 

O ciclo de artes escénicas Todo Público, con máis de 30 anos de existencia, oferta diversos espectáculos e obras teatrais dirixidos a nenas e nenos en idade de 3 a 12 anos.

A programación desta tempada de primavera rematará o vindeiro día 4 de xuño, coa representación de 'Tic Tac, el héroe del tiempo', de Omar Álvarez Títeres.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión