Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luis Piedrahita “Es mi palabra contra la mía”

"Es mi palabra contra la mía" é o novo monólogo de Luis Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luis analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.

A quen vai dirixido?:

Recomendado a partir de 12 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/02/2022 ata o 05/02/2022

Este evento xa rematou

Horario:

  • 4 febrero 21.00 h
  • 5 febrero 17.30 e 20:00 h

- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función.

Duración:

80 min

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea y palcos 20,00 €
  • Principal 17,00 €

* desconto do 20% para carné xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25 % para familia numerosa (logo da previa presentación do documento que acredite o desconto)

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Etiqueta Negra Producciones SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Unha vez máis, Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro.

Profundas reflexións de voo gallináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas. Un espectáculo no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.

TRAXECTORIA

Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é humorista, ilusionista, escritor e director de cinema. Moi coñecido polas súas aparicións en televisión e radio, e especialmente apreciado polos seus monólogos de humor.

Luis Piedrahita é colaborador e guionista do programa de entretemento El hormiguero 3.0. Alí presentou os seus monólogos e a súa maxia ante personalidades como Tom Cruise, Gwyneth Paltrow, Will Smith, Denzel Washington ou Jennifer Aniston.

Tamén traballou como colaborador e guionista no programa pioneiro da comedia en vivo en España: El club de la comedia. E foi director, guionista e mago do programa televisivo Nada por aquí. Como cineasta escribiu e dirixiu, xunto a Rodrigo Sopeña, a longametraxe La habitación de Fermat. A dita longametraxe recolleu numerosos premios, nacionais e internacionais, e foi estreada en máis de cincuenta países.

Luis Piedrahita é autor de sete best sellers de humor: Cambiando muy poco algo pasa de estar bien escrito a estar mal escrotoA mí este siglo se me está haciendo largoEl castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?Dios hizo el mundo en siete días... y se nota¿Cada cuánto hay que echar a lavar un pijama? e Un cacahuete flotando en un piscina... ¿sigue siendo un fruto seco?. Ademais, escribiu un libro de literatura infantil titulado Diario dunha pulga e outro de maxia, Monedas y otras historias.

Recibiu o premio Performing Fellowship 2017 que entrega a Academia das Artes Máxicas de Hollywood. Os Academy of Magical Arts Awards están considerados como o evento máxico máis relevante do mundo e nel distínguese os/as artistas que fixesen unha achega significativa ao mundo do ilusionismo. Así mesmo, recibiu a prestixiosa Grolla d'Oro en 2019. Este galardón é un dos premios máis antigos e prestixiosos de Europa e recoñece o labor artístico de personalidades internacionais relacionadas co mundo do cinema, a televisión e a maxia. Ambos os premios destacaron a súa traxectoria artística, a súa creatividade e a orixinalidade das súas creacións.

Piedrahita colabora co programa radiofónico líder das tardes de España, La ventana (Cadena SER), presentado por Carles Francino. Ademais intervén ocasionalmente no programa arxentino La venganza será terrible, creado e conducido por Alejandro Dolina.

Actualmente triunfa por España e Latinoamérica cos seus espectáculos teatrais. As súas últimas creacións son: Es mi palabra contra la mía, Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas e El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho do Teatro Colón: unicamente días de función desde 2 h antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión