Concello da Coruña

Concello da Coruña

Extra!, de Paco Nogueiras

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

19/01/2022

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/01/2022 ata o 19/01/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 4 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Chega o último traballo, un "xornal musical", que Paco Nogueiras (Premio Martín Códax da música infantil) ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos/as máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión, imaxinación e información.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: Extra!, de Paco Nogueiras. Pase das 17.00 h e Extra!, de Paco Nogueiras. Pase das 18.30 h . Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
  • Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos. 
  • Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
  • Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión