Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camilo “Tour España 2022”

O intérprete, compositor, músico e produtor colombiano, gañador do Latin Grammy 2020 e nomeado ao Grammy americano 2021 actuará na Coruña o próximo mes de xullo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/07/2022

Xa rematou

Horario:

22.00 h - Apertura de portas: 20:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Front of Stage: 90,00 €

Pista (de pé): 68,00 €

Tendido Baixo (sentado numerado): 58,00 €

Tendido Medio (sentado numerado): 48,00 €

Tendido Alto (sentado numerado): 38,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

  • Entrada nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • A persoa titular da entrada debe indicar o seu nome, apelidos e DNI, tal e como figuran no seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • A persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada no acceso ao recinto.

O intérprete, compositor, músico e produtor é un referente internacional que conta con máis de cinco billóns de reproducións en todas as plataformas dixitais arredor do mundo.

Dotado cunha impecable habilidade de composición e unha sensibilidade intuitiva, Camilo conquistou a industria musical, a crítica e o público de varias xeracións, que o converteu no artista latino con maior número de seguidores en TikTok: 21,6 millóns.

Ademais, escribiu temas para estrelas musicais como Becky G & Natti Natasha, Bomba Estéreo Mau & Ricky & Karol G, Sebastian Yatra & Mau & Ricky, así como para Bad Bunny, entre moitos outros.

Desde o seu debut en 2019, o de Medellín tocou os corazóns de millóns de persoas con cancións pegadizas e retrousos que transmiten boas vibracións, incluídos nos seus dous discos de estudio. Proba diso son os hits 'Tutu', 'Vida de rico', 'No te vayas', 'Bebé', 'Ropa cara' ou 'KSI'.

Tras namorar ao mundo con 'Índigo', o artista internacional presentou 'Pesadilla', o segundo single do seu anticipado novo álbum que verá a luz en 2022. 'Pesdilla' naceu da súa fascinación pola sonoridade da raíz mexicana que sempre o inspirou e que formou parte da súa vida, mentres que a súa letra explora o contraste de sentimentos sobre a perda dun amor que só ocorreu nun pesadelo e a celebración que veu ao espertar del.

As entradas sairán á venda o luns 7 de febreiro de 2022 ás 12.00 h

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días de concerto desde as 17.00 h
  • Venda en liña: Ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión