Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Mesa de Comercio configúrase como un organismo con capacidade para:
Defender os intereses xerais do sector
Actuar como órgano consultivo do Concello
Ser unha plataforma con facultade para deseñar campañas de promoción do comercio, realizar informes, adoptar medidas, suxerir iniciativas e elaborar propostas para o desenvolvemento específico do sector
Participar na elaboración de propostas para plans relacionados con ordenación urbana, ou tráfico ou das infraestruturas da cidade
A Mesa de Comercio funciona de soporte técnico para aglutinar todas aquelas iniciativas públicas e privadas que teñan por obxecto revitalizar o comercio urbano de proximidade e que sirvan, en definitiva, para impulsar na nosa cidade un comercio activo, innovador, moderno e competitivo, que siga significando para a economía local ese lugar central que ata agora veu representando.
O decreto 183/2011, do 15 de setembro, regula as mesas locais de comercio e establece a súa composición.
Integrantes da Mesa Local de Comercio
Son as persoas que legalmente ocupen os cargos que a continuación se relacionan:
Presidente:
O alcalde da Coruña ou persoa en quen delegue
Vogais:
Representación comercial e de consumidores
Presidenta/e da Asociación Gran Área Comercial Obelisco
Presidenta/e do Centro Comercial Urbano Agra Barcelona
Presidenta/e da Asociación Distrito Mallos
Presidenta/e da Asociación de Comerciantes Mercado de Elviña
Presidenta/e da Asociación de Vendedores Mercado de San Agustín
Presidenta/e da Asociación de Praceiros Mercado Eusebio da Guarda
Presidenta/e da Federación Unión de Comercios Coruñesa
Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña
Potestativos:
Presidenta/e da Federación de Entidades Empresariais do Comercio da Provincia da Coruña
Presidenta/e da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña
Representación municipal
Concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda
Concelleiro de Mobilidade Sustentable
Concelleira de Medio Ambiente
Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento
Xefa/e do Servizo de Emprego e Empresa
Xefa/e do Departamento de Emprego
Técnica/o Superior de Consumo
Técnica/o Medio de Mercados
Representación autonómica
Representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría
Xefa/e do Departamento de Promoción Económica e Comercio
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible