Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

40 resultados

  • Visita virtual ao Museo Arqueolóxico Nacional.

    Imaxe antiga da fachada do edificio do museo.

    Cando:

    Dispoñible permanentemente.

    Percorrido virtual ao Museo Arqueolóxico Nacional con explicacións sinxelas a través das súas coleccións.

  • Club de lectura xuvenil "La Tribu"

    Fotografía de libros.

    Cando:

    Dende o 04/02/2021 ata o 03/06/2021

    Inscricións:

    Dende o 12/01/2021 ata o 04/02/2021

    Require inscripción.

    www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades

    A Biblioteca Municipal Ágora organiza un clube de lectura para mozos e mozas nas súas instalacións.

  • Museo Sorolla desde casa.

    Debuxo do Museo Sorolla, o muro que o rodea, o seu portalón de entrada, a fachada principal e as árbores que sobresaen por encima do muro.

    Cando:

    Dispoñible permanentemente.

    O Museo Sorolla ofrece a posibilidade de gozar das súas salas e admirar as súas exposicións desde casa.

  • "DE PEDRA E ÓSO" Exposición online. Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira.

    Fotografía do Teito de Policromos da cova de Altamira.

    Cando:

    Dispoñible permanentemente.

    Exposición virtual para coñecer un pouco máis a fondo a vida cotiá dos habitantes de Altamira, así como algúns dos utensilios do xacemento.

  • Conversatorio online: O Barón Thyssen como coleccionista

    Fotografía da fachada do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

    Cando:

    Dende o 22/01/2021 ata o 26/03/2021, os venres

    Coloquios online moderados por unha educadora do museo sobre algunhas das obras do museo, así como da figura do Barón Thyssen e outras temáticas relacionadas.

  • Exposición II en Calipso Coruña Art Gallery na Coruña.

    Nunha sala de exposicións artísticas hai algunhas obras expostas , no centro da sala unha mesa sobre a que se apoia un dos artistas.

    Cando:

    Dende o 14/12/2020 ata o 01/02/2021

    Nesta exposición dáse cabida a diferentes artistas en diferentes disciplinas (escultura, pintura, fotografía...), tanto artistas noveis como con ampla experiencia.

  • Primavera tras a xanela

    Fotografía publicada na exposición "Primavera tras a xanela."

    Cando:

    Dende o 30/10/2020 ata o 28/02/2021

    Nesta exposición, situada na sede de Afundación na Coruña, móstrase un recompilatorio de fotografías enviadas por particulares realizadas durante o confinamento.As instantáneas están acompañadas de textos escritos pola articulista Inma Lopez Silva nos cales reflexiona sobre o momento histórico vivido.

  • Valeria Ros "Sen Filtro".

    Cartel promocional do espectáculo "Sen Filtro".

    Cando:

    13/03/2021

    Neste espectáculo, a cómica Valeria Ros deleitará co seu característico humor san ao público.Un show no que se mestura humor, improvisación e interacción co público.Valeria Ros explicará as súas reflexións e observacións sobre vacacións, viaxes, lecer ...ademais de tratar coa súa graza temas como o paso dos anos ou ser muller e cómica en plena era do movemento feminista.

  • Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media.

    Cartel do evento.

    Cando:

    Dende o 08/07/2021 ata o 10/07/2021

    Mundos Dixitais organiza un Congreso Internacional de Animación, VFX, e Novos Media no que se dan cita algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, artistas, estudantes e persoas interesadas no mundo dos gráficos por computador para descubrir, debater e facer networking.

  • Exposición: O Desencanto

    Foto da exposición.

    Cando:

    Dende o 01/12/2020 ata o 26/02/2021

    A Galería Vilaseco presenta "O desencanto", exposición individual de Teo Soriano.

resultados 40

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión