Categoría Absoluta Homes | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1º | 1500 € | Realizar 1:08:00 ou menos |
2º | 1000 € | |
3º | 750 € | |
4º | 500 € | |
5º | 350 € | |
(a) En caso contrario aplicarase un rebaixa do 50 % |
Categoría Absoluta Mulleres | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 1500 € | Realizar 1:20:00 ou menos |
2ª | 1000 € | |
3ª | 750 € | |
4ª | 500 € | |
5ª | 350 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable)(1)
Categoría Absoluta Homes | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 600 € | Realizar 1:10:00 ou menos |
2ª | 400 € | |
3ª | 200 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Categoría Absoluta Mulleres | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 600 € | Realizar 1:22:00 ou menos |
2ª | 400 € | |
3ª | 200 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Atletas galegos (premio non acumulable)(2)
Categoría Absoluta Homes | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 600 € | Realizar 1:12:00 ou menos |
2ª | 400 € | |
3ª | 200 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Categoría Absoluta Mulleres | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 600 € | Realizar 1:25:00 ou menos |
2ª | 400 € | |
3ª | 200 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Atletas coruñeses (premio non acumulable)(3)
Categoría Absoluta Homes | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 300 € | Realizar 1:15:00 ou menos |
2ª | 200 € | |
3ª | 150 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
Categoría Absoluta Mulleres | ||
Posto | Premio | Condición (a) |
1ª | 300 € | Realizar 1:30:00 ou menos |
2ª | 200 € | |
3ª | 150 € | |
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50 % |
(1) Considéranse atletas de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
(2) Considéranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadronamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
(3) Considéranse atletas coruñeses/as os/as empadrnoados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadronamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable)
O atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (1h02:30) como na feminina (1h11:16) obterá un premio de 1.000 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. En caso de duplicidade, abonarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios deberá xustificarse documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a organización reservarase a posibilidade de facer entrega dos premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
Entrega de trofeos
Así mesmo outorgaranse trofeos, no palco de entrega, aos tres primeiros/as de cada unha das categorías indicadas no artigo 10.
Informarase do horario de entrega de trofeos a través da web oficial www.coruna.gal/carreraspopulares.
Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento no que pola megafonía fágase o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo. Exclusivamente poderán subir ao pódium os atletas premiados. Non se entregará o premio a ninguén que non sexa o propio atleta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible