O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 24 de abril de 2022 na Coruña a XVI Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no Calendario Oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.
A saída das primeiras quendas da proba terá lugar ás 10:00 horas.
A saída e meta estarán na chaira do Parrote.
ENTREGA DE DORSAIS
Informarase as persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e sábado previos á proba, no Corte Inglés da Coruña (Rúa Ramón e Cajal, 57 e 59) e excepcionalmente o día da competición.
Para a recollida do dorsal e a camiseta é imprescindible a entrega da documentación que dite o protocolo COVID-19 do/a participante que figurará no formulario de inscrición. No caso de non ser presentada, o dorsal non se entregará.
A organización non pode garantir a talla, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche de inscricións.
CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización.
Os agrupamientos e número de caixóns estableceranse en función das limitacións que existan nese momento para cumprir coas normas sanitarias e de seguridade vixentes, que seguirán o protocolo antiCOVID-19 marcado para a data da celebración da proba.
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible