Concello da Coruña

Concello da Coruña

Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10.

A entrega de trofeos realizarase á finalización do evento. Os/as atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento en que a megafonía anuncie o seu comezo.

  • Entrega de trofeos carreira absoluta: 12:00h.
  • Entrega de trofeos carreiras de menores: 14:00h.

Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu trofeo no momento da entrega perderán o dereito para recollelo. Só subirán ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde estarán custodiados os trofeos non recolleitos.

PREMIOS ECONÓMICOS

PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): O/a atleta que gañe a carreira e bata o récord da proba tanto en categoría masculina (28:09) como en categoría feminina (31:40) obterán un premio de 1.000 euros.

categoría masculina / femininacondición*
postopremioHomesMulleres
1º Clasificado/a1.000 €Realizar 30:00 ou menosRealizar 34:00 ou menos
2º Clasificado/a700 €Realizar 30:00 ou menosRealizar 34:00 ou menos
3º Clasificado/a500 €Realizar 30:00 ou menosRealizar 34:00 ou menos
4º Clasificado/a350 €Realizar 30:00 ou menosRealizar 34:00 ou menos
5º Clasificado/a250 €Realizar 30:00 ou menosRealizar 34:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.

Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable)1

categoría masculina / femininacondición*
postopremioHomesMulleres
1º Clasificado/a400 €Realizar 31:00 ou menosRealizar 35:00 ou menos
2º Clasificado/a250 €Realizar 31:00 ou menosRealizar 35:00 ou menos
3º Clasificado/a150 €Realizar 31:00 ou menosRealizar 35:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.

(1) Considérase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI

Atletas galegos/as (premio non acumulable)2

categoría masculina / femininacondición*
postopremioHomesMulleres
1º Clasificado/a400 €Realizar 32:00 ou menosRealizar 37:00 ou menos
2º Clasificado/a250 €Realizar 32:00 ou menosRealizar 37:00 ou menos
3º Clasificado/a150 €Realizar 32:00 ou menosRealizar 37:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.

(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal

Atletas coruñeses/as (premio non acumulable)3

categoría masculina / femininacondición*
postopremioHomesMulleres
1º Clasificado/a400 €Realizar 35:00 ou menosRealizar 40:00 ou menos
2º Clasificado/a250 €Realizar 35:00 ou menosRealizar 40:00 ou menos
3º Clasificado/a150 €Realizar 35:00 ou menosRealizar 40:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.

(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal

Normas relativas a todos os premios

Os premios en metálico non serán acumulables, con excepción do récord da proba.

En caso de duplicidade, abonarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Co obxectivo de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquier posible reclamación, a organización se reserva a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión