Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscricións

Nesta edición e atendendo ás limitacións que establece o Protocolo de prevención COVID-19.

Inscrición en liña:

  1. A inscrición en linea realizarase a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento, ata o 17 de abril de 2022.
  2. Cota e prazos de inscrición:
  • Prazo reducido : ata o 10 de abril: 6 €
  • Prazo ordinario: ata o 17 de abril: 10 €

Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.

  • Prazo extraordinario : 18 e 19 de abril: 20 €.

As persoas que se inscriban no prazo extraordinario, non se lles garantirá a entrega dunha camiseta, xa que a produción das mesmas débese de facer coa antelación suficiente.

A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.

Inscrición presencial:

Poderá realizar a inscrición presencial para a Carreira Popular C10, cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota.

  • Prazo: Ata o sábado 16 de abril, no horario comercial do Corte Inglés.
  • Lugar: Departamentos de deportes do Corte Inglés
LOCALIDADELOCALIZACIÓN CENTROS EL CORTE INGLÉS
A CoruñaDepartamento de Deportes (5ª planta)C/ Ramón e Cajal, 57, 15006 A Coruña
Santiago de CompostelaDepartamento de DeportesRúa do Restollal, 50, 15702 Santiago de Compostela
VigoDepartamento de DeportesC/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo
  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Acodes posuidoras do Carné Novo: fotocopia do DNI e do Carné Novo.
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (antigo INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego.

Inscrición gratuíta: Todas aquelas persoas que se inscriban e finalicen a C21 en 2022 e C10 en 2022, terán dereito á inscrición gratuíta na Maratón Atlántica C42 de 2022 ou á carreira 10K que se celebrarán o 2 de outubro de 2022.

Devolución parcial da cota de inscrición

Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un informe médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).

O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do informe médico:

  • O 75% da cota se se presenta unha semana antes da celebración da proba, ata o 10 de abril ás 23:59 h.
  • O 50% se se presenta despois desa data, ata o 17 de abril ás 23:59h.

Se non se envía o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve a cota.

Entrega de dorsais e camisetas

Informarase as persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e sábado previos á proba, no Corte Inglés da Coruña (Rúa Ramón e Cajal, 57 e 59) e excepcionalmente o día da competición.

Para a recollida do dorsal e a camiseta é imprescindible a entrega da documentación que dite o protocolo COVID-19 do/a participante que figurará no formulario de inscrición. No caso de non ser presentada, o dorsal non se entregará.

A organización non pode garantir a talla, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche de inscricións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión