masculino e feminino | ano de nacemento |
---|---|
Sub20 | Nados/as en 2003 e 2004 |
Sub 23 | Nados/as en 2000, 2001, 2002 |
Sénior | Nados/as desde 1999 ata 34 anos |
Máster 1 | 35 a 39 anos cumpridos no dia da proba |
Máster 2 | 40 a 44 anos cumpridos no dia da proba |
Máster 3 | 45 a 49 anos cumpridos no dia da proba |
Máster 4 | 50 a 54 anos cumpridos no día da proba |
Máster 5 | 55 a 59 anos cumpridos no dia da proba |
Máster 6 | 60 a 64 anos cumpridos no dia da proba |
Máster 7 | A partir de 65 anos cumpridos ata no dia da proba |
Atletas con discapacidade* | Nados/as en 2004 e anos anteriores |
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviar copia do cartón acreditativo da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Permitirase un máximo de 2 guías para os atletas con discapacidade visual. Debe comunicarse previamente ante a Federación Galega de Atletismo o uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van a situar os/as guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a substitución.
A participación de de as persoas guías, que irán sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible