Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carreiras de menores nos seguintes horarios, categorías e distancias

As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com

Non se admitirá ningún/a corredor/a sen estar inscrito e sen o dorsal correspondente co chip incorporado

CategoríaHorario*Ano de nacementoDistancia
Sub-1811:35Nados/as nos anos 2005/20062.500 m. aprox.
Sub-1611:55Nados/as nos anos 2007/20082.500 m. aprox.
Sub-14 Feminino12:15Nadas/as nos anos 2009/20101.425 m. aprox.
Sub-14 Masculino12:25Nadas/as nos anos 2009/20101.425 m. aprox.
Sub-12 Feminino12:35Nados/as nos anos 2011/2012845 m. aprox.
Sub-12 Masculino12:45Nados/as nos anos 2011/2012845 m. aprox
Sub-10 Feminino12:55Nados/as nos anos 2013/2014845 m. aprox.
Sub-10 Masculino13:05Nados/as nos anos 2013/2014845 m. aprox.
Peques13:15Nados/as nos anos 2015 e posteriores150 m. aprox.

*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría. A organización pode facer variar carreiras en cada idade.

Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo de adaptación na distancia para percorrer deben solicitalo ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.:

D) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike.

E) Discapacidades visuais

F) Discapacidades intelectuais

No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como deséxanse entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.

Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia do cartón acreditativo de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.

A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíto, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría.

Outros contidos relacionados

  • Plano circuíto Carreiras Menores Coruña10 (367 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión