27 de abril de 2022
Se gozaches coa galería de fotos da décimo sexta edición da Coruña10, agora podes darlle ao play para repasar a espectacular proba do pasado domingo 24 de abril
26 de abril de 2022
Se fuches un/unha das máis de 2.300 persoas participantes na carreira do pasado domingo, ou queres ver a familiares e amizades en acción, presentámosche a galería de fotos da proba máis popular do atletismo coruñés.
24 de abril de 2022
A keniata Selah Burienei quedouse a catro segundos da mellor marca da proba e fixo o 16º mellor tempo mundial do ano. O etíope Melaku Aregu gañou na categoría masculina
22 de abril de 2022
Preto de 3.000 persoas apuntáronse á popular deste domingo, máis de 2.200 participarán na absoluta e son varios os e as atletas de renome que estarán no asfalto coruñés. Solange Pereira, a que máis títulos ten nesta proba, volve ao asfalto coruñés
22 de abril de 2022
Coruña10 é a carreira máis popular do atletismo coruñés e preparouse un amplo dispositivo de seguridade e mobilidade para que se poida realizar en condicións de seguridade para as persoas participantes e tamén para o resto de usuarios/as das vías da cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible