Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2022

Solange, a que máis C10 gañou: "É unha das carreiras máis emblemáticas"

Preto de 3.000 persoas apuntáronse á popular deste domingo, máis de 2.200 participarán na absoluta e son varios os e as atletas de renome que estarán no asfalto coruñés. Solange Pereira, a que máis títulos ten nesta proba, volve ao asfalto coruñés

A décimo sexta edición de Coruña10 contará cunha participación destacada en número e nomes nun circuíto que se deseñou para bater marcas persoais e comprometer os récords da proba, que quedaron establecidos en 2009 (28.09 en homes e 31.40 en mulleres).

Son varios os e as atletas para ter en conta no circuíto urbano e rápido da Coruña. Volverá pisalo Javi Guerra, aínda que será a súa primeira C10. Na nómina de corredores figura Alejandro Fernández, que se impuxo en tres ocasiones nesta proba, a última en 2018.

En mulleres, competirá a atleta que levou Coruña21 en febreiro, a tamén kenyana Valentine Jebet.

O récord de triunfos en Coruña10, con catro, teno Solange Pereira, que confirmou a súa participación na carreira deste domingo.

"Non todos os atletas poden engadir ao seu currículo deportivo unha carreira que xa se converteu nunha das máis emblemáticas do panorama galego e nacional", asegura.

É a décimo sexta edición e a carreira foi evolucionando ata o punto de ser a sexta mellor 10K de España segundo a RFEA. "Leva anos crecendo. Sempre me gustou como tratan ao corredor, ao público e como sacan partido da cidade da Coruña. É unha carreira especial", afirma Solange, que considera A Coruña "unha das cidades máis bonitas de España".

Este ano cambiou o circuíto, agora o máis rápido da historia. "Teño moitísimas ganas de correr e comprobar se podo facer un gran crono. Creo que un bo circuíto é fundamental para que unha carreira sexa máis ou menos atractiva e Coruña10, teno", sostén.

Considera que o récord da proba é "estratosférico" e non se ve baténdoo. "Quedarei satisfeita se son capaz de mellorar o meu mellor rexistro obtido na proba (34.40)", recoñece.

Habitual do asfalto coruñés é, tamén, Esther Navarrete, que sumará outra edición de Coruña10. Este ano foi sexta no campionato de España de 10.000 metros e bateu, en marzo, o récord galego nesa distancia en ruta (32.40).

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión