Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Maratón Atlántico Coruña42 non é posible sen a túa axuda.

Este é o momento, non só das/dos atletas, senón tamén do voluntariado.

Participa nesta proba a través de Voluntariado Deportes Coruña.

Apoia as/os atletas!

O próximo 2 de outubro, A Coruña volverá contar cunha nova cita deportiva. O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o IX Maratón Atlántica Coruña42.

O éxito de Coruña42, así como de todas as carreiras que se desenvolven na cidade herculina, é froito non só da participación ou logros deportivos, senón tamén de todas as persoas que colaboran na organización, con especial mención aos voluntarios que constitúen unha parte fundamental para o bo desenvolvemento destas probas, compoñendo un grupo de traballo con diferentes motivacións, aos que lles gustan os eventos deportivos e que comparten a súa vontade altruísta de colaborar e apoiar diferentes acontecementos da cidade.

Podes participar como voluntario/voluntaria na C42 formalizando a solicitude a través da seguinte ligazón: Inscribete aquí - Formulario

O prazo de inscrpición permanecerá aberto ata as 23:59 h do domingo 25 de setembro.

Participa se tes máis de 18 anos e queres colaborar.

¡Moitas grazas!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión